Na semana das Letras Galegas, o Ecomuseo Pazo de Arxeriz encheuse de actividade, no marco da celebración da 6ª Museum Week. Esta iniciativa internacional trata de mobilizar, visibilizar e incrementar entre a cidadanía o interese polo eido cultural a través da posta en valor dos museos. Así, do 13 ao 17 de maio, o Ecomuseo realizou publicacións diarias nas súas redes sociais, baixo sete hashtags diferentes. A semana completouse con entrada gratuíta ao Ecomuseo o sábado 18 de maio.
Estas actividades tiveron máis relevancia no Ecomuseo Pazo de Arxeriz, xa que Antón Fraguas, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, participou nunha estadía de investigación no entonces Pazo propiedade do filántropo Juan López Suárez, «Xan de Forcados». Nesta campaña cultural, que tivo lugar a mediados do século XX, tamén participaron Cuevillas e Lorenzana, os tres intelectuais estudaron as mámoas da Morá, a anta de Abuíme e os castros da Terra do Saviñao, incluído o propio Castro de Arxeriz en Fión.
Ademais, para dar a coñecer o Ecomuseo, vense de estrear o vídeo promocional sobre este espazo cultural, realizado pola firma chantadina Pinancho Audiovisuais. •
Últimas noticias sobre CULTURA
Con este título, a fotógrafa e veterinaria Tamara Lebón, mostra na Casa de Cultura Lois Pereiro
A Antiga Prisión Preventiva de Sarria, hoxe sede da Oficina Municipal de Turismo, abriu as súas
Adrián Enríquez presentou o seu libro ‘Despertar en la oscuridad’ en Bóveda este sábado, nun evento
Terán lugar os días 6 e 7 de maio, e supoñen un punto de encontro entre