O Concello de Sober desenvolve actividades para concienciar contra a violencia de xénero

•O programa empezou en maio, e chega ata xuño, con accións para todas as idades

As actividades de concienciación que organiza o Concello soberino comezaron o 22 de maio. Arquivo EC

A loita contra a violencia de xénero pasa pola concienciación de toda a sociedade. Con este obxectivo, o Concello de Sober vén de poñer en marcha unha serie de actividades, dirixidas a todos os públicos.

CONCIENCIACIÓN PARA OS MÁIS NOVOS
Os máis cativos foron os protagonistas da primeira actividade, un contacontos que, baixo o título “Contos vellos, novos finais”, achegou esta mensaxe aos participantes nas Merendas con Contos. O espectáculo estivo a cargo da Trastenda dos Contos.
O mércores 22, os escolares do CEIP Virxe do Carme coñeceron o proxecto “Mellor sen violencia. Non me contes contos”. O mesmo centro educativo ten programada para o día seguinte a presentación do proxecto “Mellor sen violencia. Quen é quen”.
O venres 24 de maio, haberá unha cita cultural e de concienciación na Casa da Cultura de Sober, coa proxección da curtafórun “Matria”.
Como complemento, o espazo da Casa da Cultura soberina terá aberta a exposición fotográfica “Je Ne Baise Plus”, do 11 ao 25 de xuño.

FINANCIADO POLA SECRETARÍA DE ESTADO DE IGUALDADE, E DESEÑADO POR FEMFORTE
Este programa de concienciación está financiado pola Secretaría de Estado de Igualdade, con motivo do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero. As diversas actividades foron valoradas e propostas pola asociación FEMforte. Este colectivo asumiu o deseño da estratexia de intervención máis axeitada segundo os públicos, o contexto e as problemáticas.
O alcalde, Luis Fernández, salientou que “a loita contra a violencia de xénero é un compromiso irrenunciable” do Goberno local. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A soberina Sonia Álvarez Carnero, gañadora do concurso de carteis para as Patronais de Monforte 2019

Seguinte Nova

Escolares de Carballedo participaron na visita guiada á exposición de foto «Viña Sacra»

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: