Crónica del sur de Lugo

A Xunta aprobou 3,8 millóns en axudas para obras en máis de 50 concellos lucenses

José Manuel Balseiro, delegado territorial da Xunta en Lugo, explicou a recente partida de axudas da Vicepresidencia aos concellos, o 20 de maio. GPDTL

A mediados de maio, a Vicepresidencia da Xunta resolveu as aportacións do Fondo de Compensación Ambiental e do plan de mellora de infraestruturas públicas, que beneficia con 3,8 millóns de euros a máis de 50 concellos da provincia de Lugo.

81 PROXECTOS, 56 CONCELLOS, 2 MANCOMUNIDADES
O delegado da Xunta, José Manuel Balseiro, precisou que este importe permitirá afrontar 81 proxectos promovidos por 56 municipios lucenses, algúns deles integrados en máis dun proxecto, ademais das mancomunidades da Mariña e da Terra Chá.

MÁIS DE 2 MILLÓNS PARA 29 CONCELLOS POLO CANON EÓLICO
En canto ao Fondo de Compensación Ambiental, a liña non competitiva está dirixida a municipios que teñan instalacións eólicas no seu territorio, polo que beneficia a 29 concellos. Entre todos eles, a Xunta distribuirá axudas por valor total de 2.308.000 euros, para financiar a totalidade do importe das obras ou servizos que propuxeron os concellos. Así mesmo, a liña competitiva está pensada para todos os concellos, e beneficia a 31 municipios con 875.000 euros, case o 76% do importe subvencionable.
O delegado da Xunta nan provincia explicou que os restantes 633.700 euros, xa do plan de infraestruturas, vanse repartir entre 23 municipios e as mancomunidades da Mariña e da Terra Chá.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio