Crónica del sur de Lugo

A reforma do edificio dos xulgados de Chantada permitirá un aforro enerxético do 20%

•A Xunta investiu 112.000 euros en cambiar as 116 ventás e instalar un novo sistema de iluminación máis eficiente

Imaxe de arquivo do anuncio das obras para remodelar o edificio que acolle os xulgados de Chantada. Arquivo GPDTL

As obras de mellora do edificio do xulgado de Chantada xa están rematadas, e servirán para diminuír o gasto enerxético nun 20%.

CAMBIO DE TODAS AS 116 FIESTRAS E LUCES TIPO LED
Segundo informaron dende a Delegación Territorial da Xunta en Lugo, o Executivo autonómico financiou con 112.000 euros as reformas, que supuxeron a substitución da totalidade das 116 fiestras por outras novas de PVC e cristal dobre vidro de baixa emisividade. Ademais, substituíronse todas as lámpadas e luminarias por modelos LED.
AFORRO ANUAL DE 4.000 EUROS EN COMBUSTIBLE COA NOVA CALDEIRA DE BIOMASA
Dende a Delegación destacaron que a Xunta xa financiara a nova caldeira de biomasa que dá servizo ás instalacións do xulgado. A inversión neste sistema foi de 52.000 euros, e permite un aforro anual de 4.000 euros en combustible.
O edificio dos xulgados chantadinos, levantado en 1983, ten unha superficie total de 1.180 metros, dos que son útiles 1.010, repartidos nunha planta baixa e outros dous andares superiores.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio