Crónica del sur de Lugo

As Exaltacións Gastronómicas de maio dan protagonismo a Ternera Gallega Suprema, os Grelos de Galicia e o Queixo do Cebreiro

O presidente de APEHL, Cheché Real; o deputado de Turismo, Eduardo Vidal; e representantes de varias entidades gastronómicas, no anuncio da xornada de Exaltación Gastronómica do mes de maio. (Foto: APEHL)

Medio cento de establecementos lucenses participan na xornada de maio do ciclo Exaltacións Gastronómicas, unha programación posta en marcha pola Asociación de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL) en colaboración coa Deputación de Lugo.

DEGUSTACIÓNS DE CALIDADE
Este ciclo busca “dar a oportunidade, tanto aos veciños como aos visitantes, de gozar da nosa boa materia prima, elaborada e servida polos nosos excelentes profesionais”. Así o explicou o presidente da APEHL, Cheché Real, na presentación desta nova xornada do ciclo gastronómico. A iniciativa adica o mes de maio á promoción da Ternera Gallega Suprema, os Grelos de Galicia e o Queixo do Cebreiro.
O turismo gastronómico estase a configurar como un elemento en alza, tal e como explicou o deputado de Turismo, Eduardo Vidal, presente no acto. Deste xeito, tamén se pon en valor “a excelente gastronomía lucense” mediante a degustación de produtos avalados con selos de calidade.
Na zona sur, participan os establecementos chantadinos Os Pendellos Pulpería, Daydos e A Faragulla Brasería; Tapería Centro do Viño, Parador de Monforte de Lemos, O Grelo, Garden, Abadía San Simón, Manuel Bistró e Hotel Cardenal, de Monforte; Rectoral de Castillón, de Pantón; Sabe, do Páramo; Parrillada Casa Torres, de Quiroga; e Ponte Ribeira, de Sarria. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio