Quiroga estreouse como sede de competición provincial e autonómica de voleibol

Foto de familia dos participantes no Campionato Provincial Escolar de Voleibol, que tivo lugar en Quiroga o 11 de maio. (Foto: CV Ribeira Sacra)

Na fin de semana do 11 e 12 de maio, Quiroga converteuse na capital galega e provincial do voleibol base.
O sábado 11, tivo lugar na capital do Courel o Campionato Escolar de ámbito lucense. Un total de 24 equipos das categorías benxamín e alevín da provincia de Lugo déronse cita en Quiroga, nunha proba na que participaron dous equipos das Escolas Deportivas deste municipio.
Na categoría benxamín mixta, o primeiro posto foi para A Gándara, seguido polos Escolapios e o Emevé 1. En feminino, o Emevé 1 foi o gañador, seguido polos equipos de Quiroga e A Gándara. Na categoría alevín mixta, o Emevé 1 ocupou a primeira posición, mentres que a segunda foi para os Escolapios, e a terceira para os de A Gándara. Por último, en feminino, os lucenses do Emevé 1 e 2 coparon os dous primeiros postos, sendo terceiro o Ribeira Sacra.

PRATA GALEGA PARA AS CADETES DO RIBEIRA SACRA
O domingo 12 de maio, Quiroga repetiu competición, co Campionato Galego cadete feminino. O triunfo foi para o Calasancias Coruña, que na final venceron ás anfitrionas do CV Ribeira Sacra. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O equipo cadete feminino do IES A Pinguela participará no Campionato de España de Orientación

Seguinte Nova

As Exaltacións Gastronómicas de maio dan protagonismo a Ternera Gallega Suprema, os Grelos de Galicia e o Queixo do Cebreiro

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: