Crónica del sur de Lugo

O equipo cadete feminino do IES A Pinguela participará no Campionato de España de Orientación

Na imaxe, foto de grupo das integrantes do equipo cadete feminino do IES A Pinguela con outros participantes no Campionato galego de Orientación de Centros Escolares. IAP

O equipo formado polas alumnas do IES A Pinguela Cecilia Quiroga e Alba Varela, co apoio de Belén Carreira, Carmen M. Téllez e Nerea Baamonde, clasificáronse para o Campionato de España de Orientación. As estudantes do instituto monfortino logrou o pase á proba nacional no Campionato Galego de Orientación de Centros Escolares, que se celebrou a mediados deste mes na localidade ourensá de Cenlle.

HORIZONTE EUROPEO PARA OS GAÑADORES
O instituto e o equipo das súas alumnas recibiron os parabéns da Federación Galega de Orientación, tanto por participar na proba autonómica como por acadar a clasificación para o Campionato de España. A proba nacional terá lugar do 6 ao 8 de decembro no Valle de Hervás, na provincia de Cáceres. Os gañadores participarán na World Schools Championship Orienteering.
Dende o IES A Pinguela agradeceron ao profesor de Educación Física, Benjamín Longarela, a dedicación a este deporte, unha especialidade que ten moi boa acollida dende sempre neste instituto. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir a Inicio