Crónica del sur de Lugo

Unha boa e adiantada colleita para desfrutar da XVII Festa da Cereixa de Ribas de Sil

•Na primeira fin de semana de xuño, a Praia Fluvial de San Clodio encherase de sabores e animación para degustar o seu produto estrela

A cereixa de Figueiredo será o produto estrela en San Clodio no recinto feiral da Praia Fluvial, os días 1 e 2 de xuño. (Arquivo EC)

O tempo e o froito son os que marcan a data de celebración da Festa da Cereixa de Ribas de Sil. Na que será a súa décimo sétima edición, o evento máis emblemático deste municipio adiántase á primeira semana de xuño.

1.500 QUILOS DE CEREIXA E 300 LITROS DE ACEITE
Este ano, os visitantes que se acheguen á Praia Fluvial de San Clodio o 1 e 2 de xuño, poderán degustar unha boa colleita de cereixas, producidas na zona de Figueiredo. De aí tamén procede o aceite que se pon á venda nos stands do recinto feiral. O volume de produto que se moverá na festa rondará, como en anos anteriores, os 300 litros de aceite, e os 1.500 quilos de cereixa.

PRODUTOS DO XEOPARQUE MUNDIAL MONTAÑAS DO COUREL
A Festa da Cereixa e o Aceite de Ribas de Sil conta este ano cun novo atractivo. Por vez primeira, o evento celebrarase dentro dun territorio, o das Montañas do Courel, recoñecido mundialmente como Xeoparque. Este distintivo permitirá promover a súa riqueza cultural e natural, da que forman parte destacada produtos como a cereixa ou o aceite.

MÚSICA, DEPORTE E ARTESANÍA
O programa da XVII Festa da Cereixa comezará o sábado 1 de xuño pola mañá, con degustación de cereixas e animación cos pasarrúas do Grupo de Gaitas de Ribas de Sil. Ás seis, abrirase a exposición do alumnado de pintura na Aula de Pesca, cunha sesión de pintura ao aire libre. Ás sete e media, disputarase o 12º Torneo de Fútbol da Cereixa, na área deportiva da Praia Fluvial. A xornada rematará cunha actuación musical.
O domingo 2 de xuño arrancará con degustación de cereixas pola mañá, e unha demostración de aikido, ás dez e media, a cargo da asociación Aikido-Ourense. Trala sesión de pasarrúas e a actuación da Banda de Música de Vilalba, á unha terá lugar a lectura do pregón, a cargo de José Antonio Arias Parga, ex fotógrafo do diario El Progreso. Xa pola tarde, ás cinco, haberá unha demostración de canteiría no anfiteatro, co artesán José Luis López Rodríguez. O espectáculo Radio BuleBule, a partir das sete, porá fin á festa en San Clodio.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir a Inicio