Crónica del sur de Lugo

O CV Ribeira Sacra organiza xornadas de portas abertas durante o mes de maio

O CV Ribeira Sacra organiza todos os veráns un campus de iniciación ao voleibol en Monforte. Arquivo EC

O club de voleibol Ribeira Sacra está a desenvolver no mes de maio unha iniciativa de portas abertas, para dar a coñecer este deporte entre os nenos e nenas da comarca.

ACHEGAMENTO AO VOLEIBOL NO PAVILLÓN DA PINGUELA OS MARTES E XOVES
As xornadas de portas abertas teñen lugar no pavillón municipal de A Pinguela todos os martes deste mes, en horario de 17 a 19 horas, e todos os xoves de 18 a 20 horas.

ESCOLARES DE BROLLÓN
Segundo informaron dende o club, a primeira xornada de portas abertas contou coa participación dos alumnos do CEIP A Pobra do Brollón. Adestradores do CV Ribeira Sacra ofreceron diversas actividades de inicio ao voleibol para os escolares, que estiveron acompañados por varios profesores. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio