Crónica del sur de Lugo

A Gala do Deporte de Monforte entregou os premios aos mellores deportistas e persoeiros deste eido de 2018

O deputado de Deportes, Pablo Rivera, entregou ao atleta Jairo Salgueiro o premio ao Mellor Deportista Absoluto do ano 2018. GPCM

O 4 de maio, celebrouse en Monforte a Gala do Deporte, para recoñecer aos mellores deportistas do ano 2018. O acto serviu tamén para homenaxear a entidades e persoeiros destacados do mundo deportivo local. Así, foron recoñecidos Santiago Díaz Rodríguez como promotor do piragüismo en Monforte, José Antonio Díaz Expósito como comunicador, xestor e director deportivo, e Pepe Mourelo pola súa traxectoria como comunicador e promotor do deporte. Así mesmo, José Antonio Arias Parga foi homenaxeado pola súa traxectoria profesional como fotógrafo, e Mariano Rodríguez Cedrón veu recoñecida a súa labor como directivo do Lemos, e por ter asumido a presidencia en momentos difíciles desta entidade deportiva.

Na Gala do Deporte, José Antonio Arias Parga recibiu unha homenaxe pola súa traxectoria profesional como fotógrafo. O premio foille entregado polo alcalde, José Tomé. GPCM
A concelleira Julia Rodríguez entregou o premio ao Mellor Deportista Promesa ao taekwondista Alejandro Fernández. GPCM
A concelleira Pilar López, coa Mellor Deportista Promesa, a taekwondista Laura Álvarez. GPCM

PREMIOS AOS MELLORES DEPORTISTAS E MEMBROS DO MUNDO DO DEPORTE
No apartado da prática deportiva, os atletas Jairo Salgueiro Montero e Sonsoles Martín Rodríguez foron agasallados como Mellores Deportistas Absolutos do 2018. Pola súa banda, Alejandro Fernández Franjo e Laura Álvarez Suárez recibiron os premios aos Mellores Deportistas Promesas, polos seus logros no taekwondo durante o pasado ano.
O premio ao Mellor Adestrador correspondeu a José María Vega, do club Neka de taekwondo. O recoñecemento como Mellor Árbitro do 2018 foi para Luis Ángel López Rodríguez, de tiro olímpico. O distintivo para o Mellor Club Deportivo de Monforte en 2018 correspondeu ao Club Korbis de voleibol.
No acto, que se desenvolveu na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, deuse a coñecer o vídeo da XI Carreira Popular de Monforte, realizado pola produtora local Amanita Films. •

Foto de familia dos premiados na Gala do Deporte de Monforte, que se celebrou na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, o sábado 4 de maio. (Foto: MONTERO)

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio