Crónica del sur de Lugo

Curso de defensa persoal feminina no IES Xograr Afonso de Sarria

As estudantes do IES Xograr Afonso aprenderon técnicas de defensa persoal nunha xornada organizada no centro. (Foto cedida).

Máis de trinta estudantes e profesoras do IES Xograr Afonso participaron no curso de defensa persoal feminina, que o instituto organizou nas súas instalacións o 23 de abril. Á fronte da actividade estivo Alberto Rincón, cinturón negro 3º Dan e membro do Club de Defensa Personal Policial (DEPERPOL) de Sarria. As participantes aprenderon de xeito prático técnicas de defensa, como soltas de agarre ou reaccións ante inmobilizacións. Tamén recibiron instruccións para empregar de xeito defensivo obxectos cotiás como paraugas, bolígrafos ou carpetas. •

A iniciativa desenvolvida no IES Xograr Afonso de Sarria contou coa participación de case 30 estudantes e profesores. (Foto cedida).

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir a Inicio