Crónica del sur de Lugo

A Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra cumpriu 20 anos

A presidenta da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra, Aida Menéndez, presentou no Centro do Viño a reedición da súa Guía da Ribeira Sacra, acompañada polo conselleiro de Economía, Francisco Conde, e o de Cultura e Turismo, Román Rodríguez. GPXG

A defensa da identidade xacobea da Ribeira Sacra cumpriu dúas décadas. O 27 de abril, a Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra celebrou o seu 20º aniversario coa presenza do conselleiro de Economía, Francisco Conde, e o titular de Cultura, Román Rodríguez. Os responsables autonómicos acompañaron á presidenta da Asociación, Aida Menéndez, no percorrido pola exposición de cartelería elaborada por este colectivo ao longo dos anos. A mostra está instalada no Centro do Viño de Monforte, espazo que tamén acolleu a presentación da reedición da “Guía del Camino de Invierno”. Unha memoria dos fitos máis importantes desta Asociación amosouse a través dun vídeo.

A celebración dos 20 anos da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra rematou cun concerto de Amancio Prada. As pezas interpretadas por Prada estiveron baseadas na cultura xacobea, nunha velada que encheu de emocións a igrexa dos Escolapios de Monforte de Lemos. (Foto: MONTERO)


A xornada conmemorativa rematou coa música de Amancio Prada, que cantou a esta ruta xacobea no concerto “Cantigas do Camiño de Inverno”, na igrexa dos Escolapios.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio