Crónica del sur de Lugo

Curtametraxe sobre memoria histórica, e arte creada por médicos da Ribeira Sacra, encheron a axenda do Círculo Saviñao

Numeroso público asistiu á proxección da curtametraxe “Narote”, do director David Vázquez, e coguionizada por Lorena Gallardo, no Círculo Saviñao. CS

O 4 de maio, o Círculo Saviñao acolleu a proxección da curtametraxe “Narote”, producida pola asociación Airoá- Comunicación en colaboración con Pinancho Audiovisuais. A peza amosa a vida de Antonio Nieves Ferreiro, escaironés xa centenario, que participou na Revolución de Asturias en 1934, e estivo escapado durante a Guerra Civil ata que foi detido. O director da curta, David Sánchez, e a coguionista, Lorena Gallardo, departiron co público logo da proxección.

Leopoldo García Méndez, Xesús Vázquez Gallego, Pablo Galego Feal e Tino Cuesta, amosan a súa obra na exposición “Catro médicos pola Ribeira Sacra”, instalada no Círculo Saviñao. CS

A inauguración da mostra “Catro médicos pola Ribeira Sacra” celebrouse o 28 de abril, coa participación de amigos e socios da sociedade recreativa de Escairón. Leopoldo García Méndez, Xesús Vázquez Gallego, Pablo Galego Feal e Tino Cuesta achegan por terceira vez a súa obra á sociedade de Escairón. A mostra pode verse ata o 26 de maio.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio