Curtametraxe sobre memoria histórica, e arte creada por médicos da Ribeira Sacra, encheron a axenda do Círculo Saviñao

Numeroso público asistiu á proxección da curtametraxe «Narote», do director David Vázquez, e coguionizada por Lorena Gallardo, no Círculo Saviñao. CS

O 4 de maio, o Círculo Saviñao acolleu a proxección da curtametraxe «Narote», producida pola asociación Airoá- Comunicación en colaboración con Pinancho Audiovisuais. A peza amosa a vida de Antonio Nieves Ferreiro, escaironés xa centenario, que participou na Revolución de Asturias en 1934, e estivo escapado durante a Guerra Civil ata que foi detido. O director da curta, David Sánchez, e a coguionista, Lorena Gallardo, departiron co público logo da proxección.

Leopoldo García Méndez, Xesús Vázquez Gallego, Pablo Galego Feal e Tino Cuesta, amosan a súa obra na exposición «Catro médicos pola Ribeira Sacra», instalada no Círculo Saviñao. CS

A inauguración da mostra «Catro médicos pola Ribeira Sacra» celebrouse o 28 de abril, coa participación de amigos e socios da sociedade recreativa de Escairón. Leopoldo García Méndez, Xesús Vázquez Gallego, Pablo Galego Feal e Tino Cuesta achegan por terceira vez a súa obra á sociedade de Escairón. A mostra pode verse ata o 26 de maio.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A música medieval chegou a Monforte no programa provincial «Sons do Tempo»

Seguinte Nova

A Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra cumpriu 20 anos

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: