Crónica del sur de Lugo

A música medieval chegou a Monforte no programa provincial “Sons do Tempo”

O concerto de Lucus Ensamble con instrumentos medievais reconstruídos polo CENTRAD tivo lugar o 3 de maio na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. (Foto: MONTERO).

A programación “Sons do Tempo” achegou a música medieval a Monforte. A iniciativa da Deputación de Lugo trata de difundir este patrimonio musical cunha serie de concertos, a cargo do grupo Lucus Ensemble. Esta formación, referente no eido da música de cámara, ofreceu un amplo repertorio de pezas na súa actuación na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, o venres 3 de maio.
No concerto, os integrantes do Lucus Ensemble mesturaron instrumentos actuais con outros de época medieval, como a giga, a zanfona ou a viola de perna, reconstruídas no Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) de Lugo. Os arranxos das partituras estiveron a cargo dos propios músicos.

NO SAVIÑAO EN XUÑO
A Deputación de Lugo está a levar o programa “Sons do Tempo” por varias localidades da provincia. Logo da actuación en Monforte, Lucus Ensemble volverá ao sur lucense dentro dun mes. O domingo 9 de xuño, a cita será no Saviñao, na igrexa de San Estevo de Ribas de Miño, ás 19,00 horas.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio