A música medieval chegou a Monforte no programa provincial «Sons do Tempo»

O concerto de Lucus Ensamble con instrumentos medievais reconstruídos polo CENTRAD tivo lugar o 3 de maio na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. (Foto: MONTERO).

A programación “Sons do Tempo” achegou a música medieval a Monforte. A iniciativa da Deputación de Lugo trata de difundir este patrimonio musical cunha serie de concertos, a cargo do grupo Lucus Ensemble. Esta formación, referente no eido da música de cámara, ofreceu un amplo repertorio de pezas na súa actuación na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, o venres 3 de maio.
No concerto, os integrantes do Lucus Ensemble mesturaron instrumentos actuais con outros de época medieval, como a giga, a zanfona ou a viola de perna, reconstruídas no Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) de Lugo. Os arranxos das partituras estiveron a cargo dos propios músicos.

NO SAVIÑAO EN XUÑO
A Deputación de Lugo está a levar o programa “Sons do Tempo” por varias localidades da provincia. Logo da actuación en Monforte, Lucus Ensemble volverá ao sur lucense dentro dun mes. O domingo 9 de xuño, a cita será no Saviñao, na igrexa de San Estevo de Ribas de Miño, ás 19,00 horas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Galicia estreará a súa primeira Lei de Rehabilitación o 22 de maio

Seguinte Nova

Curtametraxe sobre memoria histórica, e arte creada por médicos da Ribeira Sacra, encheron a axenda do Círculo Saviñao

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: