Galicia estreará a súa primeira Lei de Rehabilitación o 22 de maio

•Ademais de loitar contra o abandono dos inmobles, o texto normativo busca a potenciación do patrimonio e a dinamización económica e demográfica

A rúa Calvo Sotelo de Monforte vén de rexistrar nestes anos varios derrubamentos de vivendas. O último suceso deste tipo tivo lugar a comezos de maio. (Foto: PILI CHAOS)

Galicia poderá xestionar de forma máis eficaz a conservación do seu patrimonio inmobiliario a partir do 22 de maio. Ese día, entrará en vigor a Lei de Rehabilitación, a primeira deste tipo en Galicia, e que busca non só preservar o bo estado dos edificios históricos, senón dar un pulo global á comunidade, «avanzando cara unha Galicia máis atractiva para vivir, traballar e visitar», segundo precisaron dende a Xunta.

NÚCLEOS RURAIS E CENTROS HISTÓRICOS
De xeito prioritario, o Goberno galego pretende que a nova lei axilice os trámites para recuperar os centros históricos e os núcleos rurais. Dende o Executivo autonómico entenden que «non hai maior desprotección dunha edificación que o abandono ou desuso», polo que se vai incentivar a cultura da rehabilitación.

MÁIS LICENZAS DIRECTAS E SANCIÓNS ÁS PINTADAS
O novo texto legal permitirá conceder licenza directa á rehabilitación de inmobles nos Camiños de Santiago, e amplía os supostos de concesión de licenzas directas polos concellos para, por exemplo, cambios de cuberta ou accións en fachadas.
A normativa incorpora un réxime sancionador para actuar contra pintadas e grafitis en edificios históricos e ámbitos protexidos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A sinalización do Xeoparque Montañas do Courel, entre os proxectos que terán axudas da Xunta

Seguinte Nova

A música medieval chegou a Monforte no programa provincial «Sons do Tempo»

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: