Crónica del sur de Lugo

En marcha o novo alumeado completo da rúa monfortina do Morín

• O aforro estimado polo Concello ronda os 7.000 euros anuais, cantidade equivalente a case o 71% da factura actual do consumo eléctrico neste tramo

A rúa do Morín de noite, logo da posta en marcha do novo alumeado público. GPCM

A finais do mes pasado, o Concello puxo en marcha a totalidade do novo alumeado da rúa do Morín, dende o cruce da rúa Doutor Casares coa da Coruña, e a rúa do Caneiro ata a residencia de maiores, entre O Morín e Ribas Altas. Segundo precisou o alcalde, José Tomé, este arranxo supón “unha mellora considerable na modernización das instalacións de alumeado público” desta importante rúa monfortina.
Os arranxos, que comezaron en febreiro, consistiron na eliminación das anteriores lámpadas por outras novas de tipo led, que son máis eficientes.


ESTRUTURAS E INSTALACIÓN SUBTERRÁNEA ANTERIORES ESTABAN EN MAL ESTADO
Dende o Concello tamén salientaron a necesidade de cambiar o alumeado desta rúa, xa que, ademais das luminarias pouco eficientes que tiña, os báculos e parte da instalación subterránea estaban en mal estado.

RENOVACIÓN LUMÍNICA E ESTRUCTURAL
A mellora acometida desta volta supuxo a colocación dun novo cadro de mando e protección, ademais da instalación da posta de terra, as novas luminarias led, a renovación de todos os báculos, e a nova disposición dalgunhas farolas para mellorar a iluminación deste espazo.

SISTEMA MÁIS EFICIENTE NO AMBIENTAL E NO ECONÓMICO
O alcalde salientou que, con esta mellora, o Concello de Monforte vai aforrar case 7.000 euros ao ano, preto do 71% da actual factura da luz da rúa do Morín. Ademais, diminuirá o dano medioambiental, xa que se estima unha redución dun 71,34% das emisións de CO2 á atmósferaao ano. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio