Teatro e confraternidade para celebrar os 10 anos do Centro de Día da Pobra do Brollón

Un grupo de usuarios do Centro representou unha obra teatral na celebración do 10º aniversario deste servizo. (Foto: Concello A Pobra do Brollón)

A finais de abril, o Centro de Día da Pobra do Brollón celebrou unha xornada festiva con motivo do décimo aniversario da súa posta en marcha. Os usuarios ofreceron una representación teatral chea de humor, para dar paso a unha mostra fotográfica conmemorativa. Houbo premios para os tres maiores que máis tempo levan como usuarios do Centro. Logo duns pinchos, os asistentes desfrutaron dun espectáculo. O alcalde, Xosé Lois Maceda, puxo en valor este servizo, “que reforza a nosa política social de apoio aos maiores e ás familias”. Maceda lembrou que o Goberno local adica 20.000 euros ao ano ao Centro, ademais de atender o seu mantemento.

Os usuarios desfrutaron dun día de animación especial na festa de aniversario dos primeiros 10 anos do Centro de Día da Pobra do Brollón. (Foto: Concello A Pobra do Brollón).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Plan Único investirá en Monforte máis de 750.000 euros en media ducia de programas

Seguinte Nova

En marcha o novo alumeado completo da rúa monfortina do Morín

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: