Crónica del sur de Lugo

O Plan Único investirá en Monforte máis de 750.000 euros en media ducia de programas

O alcalde presentou os investimentos con cargo ao Plan Único 2019, o pasado 26 de abril. GPCM

A case un mes das eleccións municipais, o Goberno local aprobou o destino da partida de 500.000 euros que a Deputación, a través do Plan Único, concedeu ao municipio de Monforte para 2019.

O CONCELLO APORTA O 34% , E A DEPUTACIÓN O 66% DOS FONDOS TOTAIS
A cofinanciación municipal que establece o Plan implica unha aportación do Consistorio de 257.658 euros, o 34% do volume final de inversión. O Goberno local decidiu distribuír estes fondos en seis apartados, que inclúen investimentos, o Servizo de Axuda no Fogar, fomento do emprego, actividades culturais, actividades deportivas, e eventos ou actividades vinculadas ao turismo. En total, e segundo destacou o alcalde, José Tomé, o Plan Único suporá un investimento na cidade de 757.658 euros.

ARRANXO DE 5 RÚAS E 14 PISTAS
O programa con máis cartos é o de investimentos. Tomé precisou que serán case 310.030 euros. Neste paquete, irá a renovación do pavimento de varios viais: a rúa Benito Vicetto dende o cruce do Malvarón ata a rotonda inferior da N-120; a rúa Lagares dende Roberto Baamonde ata Calvo Sotelo, incluíndo o acceso á pasarela de ADIF nas Cruces; rúa Chamoso Lamas dende As Cruces ata Valle-Inclán, con substitución de parte do alumeado; rúa Santa Clara dende a zona de adoquín ata o cruce da Veiga, tamén co tramo desta última rúa con Santa Clara ata a rotonda María Emilia Casas Baamonde; a rúa Amador López Espinosa entre a rúa Ourense e a vía de servizo da Ronda Urbana.
Os fondos tamén se destinarán a arranxar 8 pistas da periferia rural, e outras 6 nas parroquias de Chavaga, Distriz, A Parte, Rozabales, Sindrán e A Vide. Así mesmo, está aprobada a eliminación de barreiras arquitectónicas, reordenación e renovación do pavimento da nova beirarrúa desde a entrada ao Hospital ata a rotonda María Emilia Casas Baamonde.

OUTROS PROGRAMAS
Para o Servizo de Axuda no Fogar, destínanse 229.820,75 euros, dos que a Deputación aporta o 10,35% e o Concello o 89,7%. No fomento de emprego, o Plan Único achega 67.900 euros, que permitirán a contratación de catro persoas durante 9 meses para realizar tarefas de servizo municipal.
Ademais, o programa cultural contará con 72.500 euros, o conxunto de actividades deportivas con 20.600 euros cofinanciados á metade entre Concello e Deputación, e disporase de 56.800 euros para turismo, financiados sobre todo polo Concello, e con case 7.000 euros do organismo provincial.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio