Os concertos de Carlos Baute, Chenoa, DVICIO, Blas Cantó e Señor Aliaga animarán as Festas Patronais de Monforte

O alcalde, José Tomé, e a concelleira de Cultura, Marina Doutón, deron a coñecer o programa de concertos das Patronais, o 1 de maio. GPCM

Monforte xa ten pechadas as actuacións e orquestras para as Festas Patronais. O alcalde, José Tomé, adiantou en rolda de prensa, o primeiro de maio, os nomes dos artistas que tirarán do programa festivo de agosto. Carlos Baute, Chenoa, DVICIO, Blas Cantó e Señor Aliaga compoñen o plantel de primeiros figuras para encher Monforte de visitantes e animación do 12 ao 16 de agosto. A oferta musical completarase coas orquestras Marbella, Finisterre, Principal, La Oca e Panorama.
Tomé xustificou que o programa festivo quedara xa decidido cando faltan poucos días para o remate do mandato. “O novo goberno que saia das eleccións do 26 de maio non toma posesión ata mediados de xuño”, precisou o rexedor, apuntando que esta circunstancia “deixaría pouca marxe de tempo para organizar as Festas”.

CALENDARIO
A apertura das Patronais será o luns 12 de agosto, coas actuacións de DVICIO e a orquestra Marbella. A oferta musical para o martes día 13 estará integrada por Carlos Baute e a orquestra Finisterre. Chenoa e a orquestra Principal encherán de música a xornada do día 14. Así mesmo, o xoves 15 de agosto, día grande das Patronais, será a quenda de Blas Cantó e a orquestra La Oca. O broche de ouro das Patronais de Monforte correrá a cargo da orquestra Panorama, e da actuación do grupo Señor Aliaga. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En marcha os cursos da Deputación para que os guías se especialicen en turismo científico certificado na zona de Ancares e Courel

Seguinte Nova

A Oficina de Turismo de Monforte rexistrou esta Semana Santa o dobre de visitas que na de 2018

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: