Crónica del sur de Lugo

Recepción no Concello de Monforte aos deportistas do xinmasio Neka polas catro medallas do Campionato de Europa

A recepción no Concello aos deportistas do Neka tivo lugar o 22 de abril.  GPCM

O alcalde de Monforte, José Tomé, recibiu no Concello a seis deportistas do ximnasio Neka, para recoñecer as catro medallas que lograron no Campionato Europeo de Taekwondo.
Na proba, celebrada en Turquía a comezos de abril, Álex Camba acadou o bronce en técnica individual senior, e Daniel Areán foi bronce individual cadete en técnica. Areán sumou outra medalla de bronce en técnica por parellas, lograda con Laura Álvarez. Ademais, o equipo freestyle mixto, integrado por Marco García, Laura Álvarez, Daniel Areán, Karla Novo e Ana López, logrou o sétimo posto na proba europea.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio