A fadista María do Ceo cantou aos viños de Amandi na edición número 39 da súa Feira

María do Ceo pechou a mañá do domingo 14 de abril, día grande da XXXIX Feira de Amandi, cantando “María La Portuguesa” xunto á Banda de Música de Sober. EC

Música e viño déronse a man, un ano máis, na Feira de Amandi celebrada en Sober o 13 e 14 de abril. A feira enolóxica decana da provincia cumpriu 30 anos, tendo aos fados de María do Ceo como sintonía desta edición. A fadista afincada en Ourense exerceu de pregoeira no mediodía do Domingo de Ramos, diante dunha carpa abarrotada de público. No seu pregón, María do Ceo repasou a importancia do viño na historia e na cultura occidental, e enxalzou a pervivencia desta cultura vitivinícola en Sober. A fadista pechou a xornada da mañá interpretando a coñecida peza «María La Portuguesa», co acompañamento da Banda Municipal de Música de Sober. 

A apertura da Feira adicouse á memoria de Bernardino Rodríguez, fundador da adega Don Bernardino, coa presenza da dona, o fillo e o neto do homenaxeado. GPCS
As adegas premiadas foron, polos seus tintos, Viña Peón e Finca Cuarta, ademais de Don Bernardino, que tamén se fixo co premio ao branco. O premio á barrica foi para a adega Val da Lenda. GPXG
Na tarde do sábado 13, a fadista María do Ceo ofreceu un concerto en Sober, dentro do programa da XXXIX Feira de Amandi. (Foto: MAR LÓPEZ SOTELO)
No pregón, María do Ceo enxalzou o papel do viño nas diversas etapas da historia de Occidente. EC
O Saviñao foi o concello invitado na XXXIX Feira do Viño de Amandi. O seu alcalde, Joaquín González, recibiu un agasallo conmemorativo de mans do rexedor de Sober, Luis Fernández Guitián. GPCS
O catador de chacolí, Juan María, e os seus amigos de Zarautz, desfrutaron da XXXIX Feira do Viño de Amandi na caseta da adega Malcavada. (Foto: MAR LÓPEZ SOTELO)
A gran carpa instalada na Praza do Concello de Sober acolleu, un ano máis, a numeroso público durante a XXXIX Feira do Viño de Amandi. EC
O escultor Eugenio Linares ofreceu varias exhibicións de talla de madeira con motoserra, ao longo das dúas xornadas da Feira do Viño de Amandi. EC
Os viños de Amandi puideron degustarse cun pincho de xamón cortado directamente na carpa da Feira soberina. EC
Os viños de Amandi puideron degustarse cun pincho de xamón cortado directamente na carpa da Feira soberina. EC
Logo da lectura do pregón, o domingo tivo lugar a entrega dos premios da XXXIX Feira do Viño de Amandi. O monfortino Rodrigo Coucheiro Limeres recibiu o premio do V Concurso de Carteis. O galardón entregouno a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella. EC

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Animación a tope nunha concurrida XXXVII Feira do Viño de Quiroga

Seguinte Nova

Recepción no Concello de Monforte aos deportistas do xinmasio Neka polas catro medallas do Campionato de Europa

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: