Animación a tope nunha concurrida XXXVII Feira do Viño de Quiroga

O actor Pablo Chiaparella, que interpreta o papel de Amador na serie de TV «La Que Se Avecina», foi aclamado polo numeroso público que se xuntou en Quiroga para escoitar o pregón da XXXVII Feira do Viño, o 20 de abril. EC

A XXXVII Feira do Viño de Quiroga xuntou a numeroso público durante a fin de semana do 20 e 21 de abril. O evento contou cunha importante presenza de mocidade, que animou o ambiente festivo durante a tarde do sábado, á espera da aparición do pregoeiro deste ano, Pablo Chiaparella, actor de gran popularidade polo seu papel de Amador na serie de televisión «La Que Se Avecina». Chiaparella cumpriu con creces as expectativas, meténdose ao público no peto coa súa simpatía. 

En torno á Feira do Viño de Quiroga houbo gastronomía, durante o Concurso de Tapas, e tamén cita co deporte, coa tradicional Carreira Popular, a única de España e de Galicia que se celebra na tarde do Venres Santo. Ademais, entregáronse os premios dos diferentes certames que convocou o Concello de Quiroga no primeiro trimestre do ano. 

A xente moza foi a gran protagonista do primeiro día da XXXVII Feira do Viño de Quiroga. A rúa Real encheuse de grupos de mozos e mozas, dispostos a desfrutar ao máximo dunha nova edición deste evento enolóxico. EC
As xogadoras do equipo de fútbol sala de Quiroga celebraron a tempada cun grolo de viño no evento da capital do Courel. EC
O Concurso de Camisetas da Feira do Viño de Quiroga, que xa vai pola súa novena edición, funciona como un potente atractivo para o público máis novo. EC
A música tradicional encheu o ambiente da rúa Real durante a XXXVII Feira do Viño de Quiroga. EC
Quiroga está a acertar cun formato festivo que, cada ano, atrae a máis mozos e mozas á Feira do Viño. EC

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A mellor Semana Santa para o turismo da Ribeira Sacra dende que hai datos rexistrados

Seguinte Nova

A fadista María do Ceo cantou aos viños de Amandi na edición número 39 da súa Feira

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: