A mellor Semana Santa para o turismo da Ribeira Sacra dende que hai datos rexistrados

Público de todas as idades desfrutou da viaxe no tempo recreada na XVII Feira Medieval de Monforte de Lemos

Gran afluencia de público nas dúas xornadas da XVII Feira Medieval de Monforte de Lemos. EC

A Ribeira Sacra vén de pechar unha Semana Santa con récord de ocupación. Dende o Consorcio de Turismo destacaron que esta foi a mellor Semana Santa dende que hai datos rexistrados, cunha porcentaxe de ocupación nos días centrais que chegou ao 97,30%, e que foi do 76,60% nos días previos.

IMPORTANTE SUBIDA RESPECTO AO ANO PASADO
En comparación co ano pasado, a subida é moi significativa, xa que en 2018 a ocupación nos días centrais acadou o 83%, e nos días previos quedouse no 56%, segundo os datos ofrecidos polo Consorcio.
Dende este mesmo organismo salientaron que “se cumpriron e, incluso, se superaron” as expectativas de visitantes en case todas as categorías de establecementos, agás nos hoteis de 3 a 4 estrelas durante os días previos aos festivos, cun 8% menos de ocupación da que estaba prevista unha semana antes do periodo vacacional.
A porcentaxe máis alta de ocupación rexistrouse nos hoteis de 3 e 4 estrelas durante os días centrais, cun 99,5%, fronte ao 86,61% de 2018. •

O Concurso de Traxes Medievais premiou as mellores vestimentas de época da XVII Feira Medieval de Monforte, o sábado 20 de abril. (Foto: MONTERO)
A Praza de España foi o centro neurálxico da programación. (Foto: MONTERO)
O saúda do alcalde de Monforte, José Tomé, acompañado de membros da Corporación local, serviu para abrir a XVII Feira Medieval, na mañá do 20 de abril. (Foto: MONTERO)
Diversos personaxes amenizaron as rúas de Monforte, como o Zancudo e o Orlock, coa súa arrepiante estética, que os converteu en protagonistas de numerosos selfies. (Foto: EC)
O Campamento Medieval instalado na Praza de España permitiu desfrutar de numerosas actividades, como sesións de adestramento en loita para improvisados aspirantes ás milicias medievais. (Foto: EC)
A espectacularidade das V Xustas Medievais puido desfrutarse no campo de terra dos Escolapios. (Foto: PILI CHAOS)
Baixo o nome “A Luz do Medievo”, a Praza de España acolleu un número de acrobacia e técnicas aéreas. (Foto: PILI CHAOS)
A XVII Feira Medieval de Monforte cumpriu coa súa tradicional cita coa cetrería, con demostracións no Campo de San Antonio diante dun numeroso público. No mesmo espazo, a agrupación “Aguilas de Valporquero” ofreceu unha mostra e exhibición de aves de rapina e cetrería. (Foto: PILI CHAOS)
O Campamento Medieval instalado na Praza de España permitiu aos asistentes participar en obradoiros de esgrima antiga, fabricación de cota de malla, labores téxtiles, técnicas de escritura sobre pergamiño, e outros oficios artesanais. (Foto: EC)
A Queima do Pazo dos Condes iluminou a noite do sábado 20 de abril, cun impresionante xogo de pirotecnia, malabares, danza e música. (Foto: PILI CHAOS)

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Exposición fotográfica de Mercedes Vázquez Saavedra no Espazo Xove de Chantada

Seguinte Nova

Animación a tope nunha concurrida XXXVII Feira do Viño de Quiroga

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: