Crónica del sur de Lugo

Exposición fotográfica de Mercedes Vázquez Saavedra no Espazo Xove de Chantada

A mostra de Mercedes Vázquez Saavedra inaugurouse o 10 de abril. CXC

O Espazo Xove de Chantada ten aberta ata o 10 de maio unha nova mostra fotográfica, desta volta asinada por Mercedes Vázquez Saavedra. A exposición “Mulheres” achega o resultado dunha investigación feita pola fotógrafa sarriana arredor das mulleres arraianas, comezando polas aldeas da raia galaico-portuguesa. O traballo de Mercedes Vázquez vai máis aló da simple imaxe, xa que capta nos retratos a testemuña transmitida en conversas e convivencias con estas mulleres, algunhas delas xa centenarias. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio