«Adegas na Memoria» recolle nunha serie documental a intrahistoria da Pobra do Brollón a través da paisaxe e das súas xentes

Imaxe da primeira xornada de gravación da serie documental «Adegas na Memoria», nos viñedos da Pobra do Brollón. (Foto: ADEGAS NA MEMORIA)

O Concello da Pobra do Brollón ten en marcha o proxecto Adegas na Memoria, unha iniciativa que se define como «etnoarqueolóxica», xa que «afonda na vida cotiá das xentes da parroquia vitícola de Vilachá», ao tempo que se ocupa do «estudo científico sobre o territorio e as súas orixes». O proxecto está promovido polo Concello e pola Asociación de Veciños de Vilachá, coa participación do Incipit-CSIC, e coordinado polo dinamizador turístico do Concello da Pobra, Xosé Gago.
Unha parte deste proxecto ten que ver co audiovisual. O 3 de abril arrancou o primeiro episodio da serie documental «Adegas na Memoria», organizada en catro tempadas. Baixo a denominación «A Humanidade como Patrimonio», a primeira tempada está baseada nas testemuñas das xentes sobre a evolución da vida nos diferentes puntos desta contorna.
Os capítulos desta serie poden visualizarse na páxina web www.adegasnamemoria.com, en https://vimeo.com/adegasdamemoria, e no Facebook @adegasdamemoria. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta apoiará a oito concellos lucenses para garantir a protección de 17 parroquias fronte os incendios forestais

Seguinte Nova

Exposición fotográfica de Pili Chaos e Felipe Castro en Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: