Crónica del sur de Lugo

A Xunta impulsa a contratación en 29 concellos lucenses de 114 parados da Risga

Balseiro presentou os datos da contratación de beneficiarios da Risga en Lugo a mediados de abril. GPDTL

Un total de 29 concellos da provincia de Lugo disporán de 1,3 millóns de euros para contratar a 114 desempregados perceptores da Risga. Os detalles das achegas da Xunta para este fin explicounos o delegado territorial, José Manuel Balseiro, a mediados de abril.

DOUS MESES MÁIS DE CONTRATO QUE O ANO PASADO
Desta volta, a contratación pasa de 7 a 9 meses, medida que axudará “a favorecer a inserción laboral destas persoas, evitando así que se cronifique a súa situación de exclusión”. Os traballos que van realizar os beneficiarios destes contratos engloban dende tarefas forestais ou de servizos, ata labores de limpeza ou xardinería, ademais de incluír perfís de capataces ou auxiliares de biblioteca, entre outros.
Na zona sur da provincia, o concello de Monforte recibirá case 310.00 euros para contratar a 20 desempregados. No Saviñao, incorporaranse 5 novos traballadores. Pola súa banda, Sober, Pantón, e A Pobra do Brollón contarán con dous peóns da Risga cada un. Así mesmo, Carballedo e Ribas de Sil disporán de cadanseu traballador.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio