Crónica del sur de Lugo

A Xunta ofrece aos maiores lucenses 366 prazas para desfrutar dun lecer saudable en catro balnearios da provincia

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou os detalles dos programas de lecer saudable e talasoterapia na súa visita ao Hotel Balneario de Lugo, a mediados de abril. GPXG

Os programas “Benestar en Balnearios” e “Benestar a través da Talasoterapia” son dúas iniciativas postas en marcha pola Xunta para que os maiores de 65 e os pensionistas con máis de 55 anos de idade desfruten dun lecer saudable.

AUGAS SANTAS, LUGO, PALAS E VIVEIRO
Na provincia de Lugo, hai dispoñibles un total de 366 prazas nos balnearios Termas de Lugo, Augas Santas de Pantón e Río Pambre en Palas de Rei, ademais do Thalasso Cantábrico en Viveiro.


ESTADÍAS DE 10 E 6 DÍAS SEGUNDO O PROGRAMA
A iniciativa “Benestar en Balnearios” desenvolverase dende maio a outubro, con estadías de 10 días e 9 noites. Na opción de talasoterapia, o programa esténdese dende maio ata novembro, con quendas de 6 días e 5 noites. A Xunta subvenciona un terzo do custe de cada praza.

INSCRICIÓNS ATA O 2 DE MAIO
O prazo de inscrición remata o 2 de maio. As solicitudes poden presentarse telematicamente, na sede electrónica da Xunta, ou en persoa nos correspondentes Rexistros.

OBXECTIVOS
Segundo informaron dende a Delegación da Xunta en Lugo, os programas ofrecen en Galicia 1.062 prazas, das que 362 son en talasos, e as outras 700 en balnearios. Os catro piares destes programas son “mellorar a calidade de vida dos maiores, fomentar actitudes positivas cara ao coidado da saúde e a promoción da autonomía persoal, favorecer as relacións sociais, e apostar por un sector de actividade no que Galicia é punteira”.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio