Crónica del sur de Lugo

Recepción no Concello de Monforte ao atleta Jairo Salgueiro Montero, campión de España de Promesas Paralímpicas

O atleta monfortino na recepción que ofreceu o alcalde, José Tomé, no Concello o 4 de abril, para recoñecer o terceiro campionato de España logrado por Jairo en Promesas Paralímpicas. GPCM

O atleta monfortino Jairo Salgueiro Montero vén de recibir o recoñecemento do Concello polo terceiro Campionato de España que consigue na modalidade de Promesas Paralímpicas.

CLASIFICADO PARA O MUNDIAL DE SUÍZA EN VERÁN
O deportista logrou o primeiro posto na proba nacional que se celebrou na localidade madrileña de Collado Villalba, os días 23 e 24 de marzo. En salto de lonxitude, Jairo acadou o primeiro posto do podio na proba de 100 metros lisos, cun resultado de 12,17 segundos. A outra medalla de ouro lograda polo monfortino foi no salto de lonxitude, no que fixo unha marca de 5,74 metros. Este triunfo abriu as portas á participación de Jairo no mundial que terá lugar na localidade suíza de Notwill, do 28 de xullo ao 5 de agosto.

NORABOA DA CIDADE
Para recoñecer estes méritos deportivos, o alcalde de Monforte, José Tomé, acompañado polo técnico de Deportes, ofreceu unha recepción oficial a Jairo Salgueiro. O rexedor transmitiu ao atleta a noraboa en nome de todos os monfortinos, e obsequiouno cun agasallo conmemorativo.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir a Inicio