A Xunta avalía novas iniciativas para que as adegas da Ribeira Sacra incrementen as exportacións

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, na reunión mantida o día 7 co presidente da Asociación de Adegueiros e Transformadores do Miño. GPXG

A posta en marcha de novas fórmulas para estimular a exportación das adegas da Ribeira Sacra foi o asunto principal da reunión mantida en Santiago polo conselleiro de Economía, Francisco Conde, e o presidente da Asociación Adegueiros e Transformadores do Miño, Alfonso Regal. No encontro, celebrado o 7 de abril, Conde valorou o «importante esforzo» das empresas galegas no eido da internacionalización, sobre todo no sector agroalimentario. Este foi un dos tres sectores, xunto co téxtil e a automoción, que máis incrementou a súa presenza exterior durante o ano pasado.
Pola súa banda, Regal transmitiu ao titular de Economía os esforzos das adegas representadas por este colectivo, con sede en Chantada, por poñer en valor a calidade dos seus produtos e chegar a máis mercados. O presidente da Asociación Adegueiros e Transformadores do Miño explicou que Colombia é o mercado hacia o que están a enfocar as súas estratexias, ademais de intentar abrir espazos en Uzbekistán, país no que as exportacións galegas dobraron o seu volume o ano pasado respecto ao exercicio anterior. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Gran éxito do taekwondo monfortino no Campionato de Europa

Seguinte Nova

Recepción no Concello de Monforte ao atleta Jairo Salgueiro Montero, campión de España de Promesas Paralímpicas

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: