Crónica del sur de Lugo

Gran éxito do taekwondo monfortino no Campionato de Europa

Laura Álvarez, Álex Camba e Daniel Areán, do Neka, acadaron medalla no Campionato de Europa de Taekwondo. (F.C.)
Recepción no Concello de Monforte, o 10 de abril, a Alejandro Fernández Franjo, por ter gañado a medalla de ouro no Campionato de Europa de Taekwondo en Turquía. GPCM

O taekwondo monfortino acadou un novo fito en competición, desta volta a nivel europeo. Deportistas do sur de Lugo lograron 4 podios no Campionato de Europa de Taekwondo en técnica e freestyle por seleccións nacionais, disputado na localidade turca de Antalya a comezos de abril.
Na modalidade de parella, o monfortino Alejandro Fernández Franjo, que compite no Escola Lucense, acadou a medalla de ouro xunto a Carolina Escolar, de Madrid, na categoría cadete. Pola súa banda, o taboadés Daniel Areán e a monfortina Laura Álvarez, do Neka, lograron o bronce na mesma categoría.
En individual, Areán sumou outro éxito, ao facerse coa medalla de bronce do europeo. Así mesmo, Álex Camba, tamén do Neka, acadou un bronce individual ao eliminar aos competidores de Serbia, Polonia e Francia, e caer diante do competidor holandés, finalmente gañador do ouro.
En quinteto freestyle, a formación integrada por Marco García, Karla Novo, Ana López, Laura Álvarez e Daniel Areán, todos do Neka, rematou en sétima posición da proba europea. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir a Inicio