Crónica del sur de Lugo

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica foi recoñecido co XIX Premio ARESA por impulsar a mellora do rural galego

O presidente do CRAEGA, Francisco López Valladares, recolleu o Premio ARESA no acto celebrado o 29 de marzo no Auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo. GPXG

A agricultura ecolóxica e o seu papel como motor do rural galego a través do seu Consello Regulador foron recoñecidos na edición número 19 do Premio ARESA. O presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), Francisco López Valladares, recolleu este galardón no acto celebrado no Campus de Lugo o 29 de marzo.
No evento, José Manuel Silva, membro do xurado, destacou o mérito do CRAEGA “por facer que a agricultura ecolóxica sexa un dos motores do desenvolvemento rural”, ademais de ser unha das “causas principais para a maior implantación de mozos no mundo rural e agrario”. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio