Crónica del sur de Lugo

Amplo programa de actividades lúdico-culturais na Pobra do Brollón

A arqueoloxía está a protagonizar moitas actividades lúdico-culturais na Pobra do Brollón, a partir dos traballos iniciados hai dous anos no Castro de San Lourenzo. (Arquivo EC).

A Pobra do Brollón ofrece para as vacacións de Semana Santa un programa de actividades para todos os públicos.

CAMPAMENTO DE PRIMAVERA EN CEREIXA PARA IDADES ENTRE 8 E 15 ANOS
Os rapaces e rapazas poden atopar unha opción de lecer e cultura no Campamento de Primavera, unha iniciativa desenvolvida por Altair Galicia, un proxecto educativo sen ánimo de lucro. As actividades, dirixidas a mozos e mozas de 8 a 15 anos, terán lugar na parroquia de Cereixa, do 14 ao 17 de abril. O prezo para as persoas asociadas é de 50 euros, e de 70 para as non asociadas. Toda a información sobre esta actividade e a súa inscrición pode obterse no teléfono 676 51 55 93, e no facebook de Sete Portas Altair.

MEMORIA DOS LUGARES E DOS SEUS VIÑOS NO PROGRAMA “ADEGAS NA MEMORIA”
Para o público en xeral están en marcha as Visitas Guiadas que organiza o Concello da Pobra do Brollón dende o 13 ao 19 de abril.
O programa Adegas na Memoria ofrece un paseo polas adegas tradicionais e un miradoiro sobre a Ribeira Sacra, mergullándose na memoria dos lugares e nos sabores do seu viño. O punto de encontro situarase nas Adegas de Vilachá, ás 11 horas. As visitas son gratuítas, aínda que o prezo do viño dependerá do criterio de cada adegueiro.

CASTRO DE SAN LOURENZO
A Semana Santa tamén é un bo momento para achegarse ao patrimonio arqueolóxico da Pobra do Brollón. O Concello organiza visitas guiadas ao Castro de San Lourenzo, situado na parroquia de Cereixa. O punto de encontro situarase ao pé do castro, xunto ao cartel informativo de madeira, ás 17,00 horas. As visitas son de balde. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio