Máis dunha vintena de voluntarios do Saviñao e Chantada participaron en Escairón no curso sobre desfibriladores

O curso de Escairón inclúese na nova quenda de formación que está a impartir a Xunta ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia de Lugo. GPXG

Un total de 24 voluntarios de Protección Civil das agrupacións do Saviñao e Chantada participaron, o 30 de marzo, nun curso sobre o uso de desfibriladores, organizado pola Xunta. O obxectivo desta iniciativa é capacitar aos voluntarios para a utilización e manexo dos dispositivos de desfibrilación semiautomática externa (DESA). Esta técnica busca «aumentar as taxas de supervivencia nos pacientes con morte súbita, logrando un acceso precoz a un sistema de emerxencias médicas», segundo explicaron os responsables da Xunta.

DOUS CURSOS EN CHANTADA EN ABRIL E MAIO
O curso de Escairón é a segunda das accións formativas que está a desenvolver a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), dependente da Vicepresidencia da Xunta e Consellería de Presidencia. Esta quenda iniciouse a mediados de marzo en Mondoñedo, e continuou a comezos de abril cun curso en Ribeira de Piquín. O 10 ao 14 de abril, está en marcha en Chantada un curso básico de Protección Civil. As dúas localidades acollerán outro curso sobre prevención e loita contra incendios urbanos e forestais, que na vila do Asma se celebrará do 15 ao 19 de maio. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Estrea en Monforte do documental de Amanita Studio premiado nos Mestre Mateo

Seguinte Nova

Quiroga acollerá os cursos gratuítos da Deputación para acreditarse como guía Observer de Turismo Científico

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: