Crónica del sur de Lugo

Quiroga será a sede da final feminina do Campionato Galego cadete de Voleibol

As xogadoras do CV Ribeira Sacra Carolina Camino e Nerea Fontal participarán na final de Quiroga o 12 de maio. Nerea forma parte da selección galega, e Carolina está integrada na disciplina da Concentración Permanente da Federación Española de Voleibol. (Foto cedida).

Quiroga converterase na capital do voleibol de Galicia, con dous importantes eventos autonómicos. A Federación escolleu Quiroga como sede da fase final do Campionato Galego cadete feminino, que terá lugar o 12 de maio. O anfitrión da proba será o CV Ribeira Sacra, que se enfrontará na primeira semifinal ao Zalaeta coruñés. Dende o club monfortino agradeceron á Concellería de Deportes de Quiroga “a axuda e a aposta que fai polo noso deporte”.

A xogadora do CV Ribeira Sacra, María Lamelas, está convocada pola selección galega de voleibol. (Foto cedida).

CONCENTRACIÓN DA SELECCIÓN GALEGA
Ademais, Quiroga vai acoller en Semana Santa a concentración das seleccións galegas infantil e cadete. As formacións masculinas traballarán en Quiroga do 15 ao 17 de abril, e os equipos femininos darán continuidade ás concentracións entre os días 18 e 20. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir a Inicio