Os catamaráns da Deputación xa teñen case 8.000 reservas ata final de ano

Ademais, este ano o servizo mellora en accesibilidade, con novas medidas para facilitar as viaxes aos usuarios con capacidades diferentes

Os catamaráns seguen a ser un dos atractivos máis importantes para os visitantes da Ribeira Sacra. GPDL

A comezos deste mes, o servizo de catamaráns da Deputación xa tiña rexistradas preto de 8.000 reservas ata finais de ano. O dato deuse a coñecer o 2 de abril, logo da celebración da Xunta de Goberno extraordinaria do organismo provincial para a contratación da prestación deste servizo por 575.000 euros. Dende a Deputación explicaron que os catamaráns seguen sendo de titularidade pública, xa que o organismo provincial fai o seguemento á empresa, establece os prezos das viaxes e recibe os fondos da súa venda.
Os responsables provinciais destacaron que os catamaráns serán este ano máis accesibles, ao instalar un sistema de salvaescaleiras para baixar do aparcadoiro á zona de embarque, ademais de rampas móbiles e cintos de seguridade para usuarios con cadeiras de rodas.
Para as persoas con autismo haberá manuais específicos con información en pictogramas, e aos usuarios con hiperactividade ou déficit de atención se lles reservará o lugar máis cercano ao guía. Haberá tamén material complementario en braille e audioguías.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Intensa axenda para desfrutar da XVII Feira Medieval de Monforte

Seguinte Nova

Quiroga será a sede da final feminina do Campionato Galego cadete de Voleibol

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: