Crónica del sur de Lugo

O programa Aprol Rural da Xunta permitirá contratar a 120 parados en 61 concellos lucenses

Beneficiará a 34 desempregados nas comarcas de Lemos, Quiroga, Sarria e Chantada

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou os detalles da nova quenda de axudas do Aprol Rural 2019. GPDTL

A Xunta de Galicia vén de resolver, a comezos de abril, o programa de axudas Aprol Rural, que farán posible a contratación de 120 desempregados en 61 concellos da provincia de Lugo.

UN 11% MÁIS DE FONDOS QUE EN 2018
A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 1,5 millóns para esta anualidade, o que supón un 11% máis que en 2018. Con estas aportacións, a Consellería atende todas as solicitudes, e financia a totalidade dos contratos, que teñen unha contía media de 13.176 euros por traballador. Esta cantidade é case un 16% superior á do ano pasado.
Os contratos, a xornada completa, terán unha duración de 9 meses, e implicarán tarefas de xestión do monte e de prevención de incendios nas faixas secundarias.
No reparto dos contratos, os municipios adheridos ao programa Concellos Emprendedores acadaron o dobre que o resto. Así, na comarca de Lemos, Monforte e O Saviñao, disporán de catro contratos cada un, pola súa condición de Concellos Emprendedores. Pola súa banda, contarán con dous contratos cada un os municipios de Pantón, A Pobra do Brollón e Sober. A contía total da Xunta para a comarca é de 180.837,98 euros. Nas terras de Chantada, cun importe total de 65.073,44 euros, o Aprol Rural dará a Taboada dous contratos, por ser Concello Emprendedor, Carballedo disporá doutros dous, e Chantada dun.
Na comarca de Quiroga, os tres municipios están no programa Emprendedores, polo que recibirán dous contratos cada un, agás Folgoso, que terá tres. O importe a nivel comarcal é de 92.050 euros.
Por último, no conxunto da comarca de Sarria, a Consellería permitirá realizar 8 contratos, cunha axuda global de 111.000 euros. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio