Estrea en Monforte do documental de Amanita Studio premiado nos Mestre Mateo

O produtor e responsable de Amanita Studio, Iván Patiño, prsentou a longametraxe documental “Idénticas” na súa estrea en Monforte, xunto ao director, Luis Avilés Baquero. (Foto: MONTERO)

A produtora monfortina Amanita Studio escolleu a cidade do Cabe para iniciar a rolda de proxección do seu longametraxe documental “Idénticas”, galardoado na recente edición dos premios Mestre Mateo. A estrea será o venres 5 de abril, ás 20,30 horas, nos Multicines Hollywood, cunha intervención previa do produtor, Iván Patiño, e o director, o noiense Luis Avilés Baquero, que compartirán co público as claves desta peza documental, a nivel artístico e tamén de compromiso social. A metade do recadado na taquilla destinarase á ASGPOH, a asociación que impulsa a investigación sobre a heteroplasia ósea progresiva, doenza que sofren as dúas protagonistas do filme.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Quiroga será a sede da final feminina do Campionato Galego cadete de Voleibol

Seguinte Nova

Máis dunha vintena de voluntarios do Saviñao e Chantada participaron en Escairón no curso sobre desfibriladores

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: