Dúas alumnas do IES Río Cabe disputarán a fase europea da Olimpiada de Estatística

•O equipo formado por Marina García Blanco e Andrea Ferreiros Sánchez logrou o segundo posto • O instituto monfortino acadou un dos mellores resultados da Comunidade nos sete anos desta competición

De esquerda a dereita, Marina García Blanco e Andrea Ferreiros Sánchez, do IES Río Cabe, que acadaron o segundo posto na fase nacional da Olimpiada de Estatística, un dos mellores resultados conseguidos por un centro de Galicia na historia da proba. IRC

As alumnas Marina García Blanco e Andrea Ferreiros Sánchez estarán entre os 15 mellores equipos de Europa na derradeira fase da Olimpiada de Estatística. O pasaporte para a segunda edición europea desta competición gañárono a comezos de abril, ao conseguir o segundo posto de España. Este resultado supuxo un dos mellores no ranking da competición nacional para os institutos de Galicia nos sete anos que se leva celebrada a proba nacional.
Marina e Andrea, titorizadas polo profesor Emilio López Mariño, superaron unha primeira proba, que consistiu nunha batería de test sobre coñecementos estatísticos, e unha segunda, cun estudo prático de estatística aplicada á inserción laboral dos titulados universitarios.
A Olimpiada é unha iniciativa do INE, a Sociedade de Estatística e Investigación Operativa, e a Universidade Complutense.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Unha xornada técnica reuniu en Chantada a 110 titulares de granxas de coellos de toda Galicia e norte de Portugal

Seguinte Nova

O neurocientífico Casto Rivadulla explicou no IES A Pinguela como o cerebro constrúe os sabores

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

A %d blogueros les gusta esto: