Crónica del sur de Lugo

O PP defendeu ante os empresarios de Sarria que a economía comarcal “necesita a ampliación do solo industrial e o impulso do Camiño”

Máis de 50 empresarios da comarca de Sarria participaron no encontro mantido na vila xacobea polos candidatos do Partido Popular ao Congreso e o Senado por Lugo, o 3 de abril. (Foto: PP Provincial)

O Partido Popular lucense levou a Sarria as súas propostas para impulsar a economía desta comarca, nun encontro celebrado na vila xacobea o 3 de abril, e que contou coa asistencia de máis de medio cento de empresarios da zona. O candidato do PP ao Senado, José Manuel Barreiro, e o cabeza de lista desta formación para o Congreso dos Deputados, Joaquín García Díez, salientaron a “necesidade” de ampliar a superficie industrial do polígono de Morelle, e o impulso do Camiño de Santiago como “baluartes para incentivar a economía local e comarcal”.
Barreiro e García Díez, que estiveron acompañados polo candidato dos populares á alcaldía de Sarria, José Antonio García, lembraron que foi o goberno do Partido Popular o responsable de encauzar algunhas das iniciativas máis importantes na contorna. Barreiro defendeu “políticas transversais” para, entre outros, retomar compromisos inversores para o Camiño “que deixara encamiñados Ana Pastor dende o Ministerio de Fomento”. Barreiro criticou que o PSOE “se puxese as medallas” na cesión dos terreos da antiga estación da Pobra de San Xiao, xa que foi unha petición do candidato do PP en Láncara, Santiago Cubillas, e xestouse cando Juan Bravo foi presidente do Adif. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio