“Novos Personaxes” da pintora lucense Carmen Prado visitan o Círculo Saviñao

A nova mostra pictórica de Carmen Prado pode verse no Círculo Saviñao de Escairón ata o 28 de abril. (Foto cedida).

A pintora lucense Carmen Prado trouxo de novo a súa arte ao Círculo Saviñao. Baixo o título “Novos Personaxes”, Prado expón na sociedade recreativa de Escairón unha serie de obras nas que o rostro e a figura femininas son as protagonistas.
Prado é unha das artistas habituais na axenda cultural do Círculo Saviñao. Dende o ano 2014, esta é a cuarta exposición que a lucense ofrece ao público de Escairón.
A mostra “Novos Personaxes” está aberta ata o 28 de abril.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Arrancan en abril os novos cursos de artesanía do CENTRAD

Seguinte Nova

A Xunta vén de destinar máis de 74.000 a melloras no Centro Sociocultural e na Casa Consistorial de Bóveda

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: