Recepción no Pazo de San Marcos a Nuria López Fernández polas súas tres medallas e o récord de España en atletismo adaptado

O deputado de Deportes, Pablo Rivera, recibiu na Deputación á medallista do Saviñao Nuria López Fernández, acompañada pola súa familia, o 21 de marzo. GPDL

A atleta do Saviñao Nuria López Fernández vén de recibir o recoñecemento da Deputación de Lugo polos seus éxitos no último Campionato de España de Atletismo Adaptado.

CAMPIONA DE ESPAÑA POR TERCEIRO ANO CONSECUTIVO
Nuria López foi recibida o 21 de marzo polo deputado de Deportes, Pablo Rivera, nun acto oficial para poñer en valor os logros que, por terceiro ano consecutivo, vén de acadar esta atleta en cadeira de rodas. A deportista do Saviñao proclamouse campiona de España en 200, 400 e 100 metros, modalidade esta última na que, ademais, bateu o récord nacional.
«NURIA É UN EXEMPLO PARA TODOS»
Na recepción oficial, Rivera puxo a Nuria López como «exemplo para todas as persoas», xa que «co seu esforzo e dedicación converteuse nunha gran campiona». A atleta do Saviñao xa se está a preparar para a vindeira cita de marzo en Suiza, que será clave na clasificación para o mundial de novembro en Dubai.

POR UNHA SOCIEDADE MÁIS XUSTA
O deputado de Deportes salientou que «todos os nosos deportistas teñen unhas grandes capacidades, máis alá dos prexuízos», e destacou que «triunfos como os de Nuria axudan a acadar unha sociedade máis xusta».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Cecilia Quiroga e Alba Varela, do IES A Pinguela, no podio do Campionato Provincial de Orientación

Seguinte Nova

Case un cento de participantes no Campionato Provincial escolar de taekwondo en Taboada

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: