Promoción de cine para a Feira Medieval de Monforte de Lemos

O 22 de marzo presentouse o vídeo promocional, producido por Amanita Studio, e o cartel da XVII Feira Medieval, cuxo autor é Xosé Quiroga. GPCM

Monforte xa comezou a promoción da XVII Feira Medieval, poñendo a circular un vídeo producido pola produtora monfortina Amanita Studio. Na presentación da peza audiovisual, deuse a coñecer o cartel anunciador desta edición, deseñado por Xosé Quiroga.
O vídeo, realizado por Iván Patiño, responsable de Amanita Studio, inclúe colaboracións de gran interese. O texto que dá corpo á historia vai asinado polo cineasta galego Luis Avilés Baquero, fillo do ilustre escritor de Noia, Antón Avilés de Taramancos, ao que Monforte ten adicada unha rúa. O personaxe protagonista do vídeo está encarnado polo actor vigués Miguel Borines, que integrou o elenco de participantes en varias series de televisión.
O cartel deseñado por Xosé Quiroga ten como motivo central a unha muller, pola sensibilidade do Concello de Monforte en defensa da igualdade e os dereitos das mulleres. A composición integra ademais elementos significativos da cidade do Cabe, como a letra Tau, a Torre da Homenaxe ou a Muralla. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Convenios da Xunta con Taboada e O Saviñao para melloras na seguridade en espazos públicos

Seguinte Nova

Sober enche de actividades en torno ao viño as datas previas á XXXIX Feira de Amandi

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: