Crónica del sur de Lugo

Convenios da Xunta con Taboada e O Saviñao para melloras na seguridade en espazos públicos

• A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asinou este mes convenios cos alcaldes para financiar o 70% do importe das obras

Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, asinou no Saviñao o convenio co alcalde, Joaquín González, o 4 de marzo. GPXG

A Xunta licitará tres obras nos municipios de Taboada e O Saviñao, por un importe total de 160.000 euros, para mellorar a seguridade en espazos públicos. Os traballos financiaranse a través de convenios coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, departamento que asumirá o 70% do custe.

Logo da sinatura do convenio en Taboada, o alcalde explicou a Vázquez os detalles da obra na Avenida de Lugo. GPXG

ARRANXOS NO ALUMEADO DA AVENIDA DE LUGO, E NOVOS PASOS DE PEÓNS
En Taboada, os traballos suporán un investimento de 115.000 euros, para mellorar a iluminación e a seguridade dos peóns nun tramo da Avenida de Lugo. Segundo explicaron dende a Consellería, é preciso corrixir as deficiencias que presenta o alumeado actual. Ademais de realizar unha nova distribución dos puntos de luz, instalaranse luminarias de tipo LED, que ofrecen máis luz con menor consumo. A estas medidas, hai que sumar a colocación de tres pasos de peóns nos puntos de maior tránsito.

PAVIMENTO NO CAMPO DA FESTA DE REIRIZ E CANALIZACIÓN DE PLUVIAIS EN BESTA-VILELOS
No Saviñao, a Consellería licitará por case 45.000 euros obras no campo da festa de Reiriz e nun espazo común en Besta-Vilelos. Segundo precisaron os responsables autonómicos, o investimento permitirá pavimentar o campo da festa. As obras no lugar de Besta-Vilelos servirán para resolver as incidencias provocadas pola chuvia nun grupo de casas situadas a nivel inferior. Para iso, canalizaranse as augas pluviais e pavimentarase a contorna deste espazo. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio