Crónica del sur de Lugo

O mamut e os Danzantes de Cervelas identifican o Incio no novo material promocional

O deputado de Turismo e a alcaldesa do Incio, na recepción do novo material promocional no Concello, o 4 de marzo.GPDL

O Incio conta con novo material de promoción turística, que emprega o mamut e os Danzantes de Cervelas entre os símbolos máis característicos do territorio. O Concello presentou un lote de elementos promocionais, custeado con 3.300 euros da Deputación, que se distribuirán en todos os establecementos turísticos do municipio. Restaurantes, bares, casas rurais e hoteis porán á disposición dos clientes 750 postais, 5.000 salvamanteis e 4.000 marcapáxinas.
Para ilustrar os materiais, escolléronse catro imaxes representativas. Así, aparece o mamut do Incio, municipio onde se atopou, nos anos 60, o único vestixio en Galicia desta especie prehistórica. O material representa tamén a figura de San Eufrasio, cun santuario na localidade, e un dos apóstolos que participou no traslado dos restos do Apóstolo. Tamén aparece o personaxe de Julia Espín, musa do poeta romántico Bécquer e con vínculos familiares nas terras do Incio. A ilustración dos materiais promocionais complétase cos Danzantes da Cervela, unha representación etnográfica con máis de cinco séculos de historia.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio