Crónica del sur de Lugo

O BNG fai balance das pasadas eleccións no sur de Lugo

Redacción – Monforte

Dende o BNG veñen de facer unha valoración dos resultados obtidos nas pasadas eleccións municipais, na comarca sur de Lugo. Deste xeito, destacaron especialmente que o BNG, aínda diminuíndo a súa representación, mantén o goberno de Monforte de Lemos, sendo a forza máis votada no devandito municipio. Un feito que “supón que o BNG goberna o concello de maior tamaño da comarca”. Pero tamén o BNG foi a forza máis votada, e mantén o goberno, na Pobra do Brollón, onde mesmo incrementa a súa representación. Pola contra en Chantada, aínda mantendo a representación de hai catro anos con tres edís, estes non participarán no goberno, como consecuencia de que o partido co que formaba coalición diminuíu a súa representación e a suma de ambos resulta insuficiente para manter a maioría necesaria. Do resto dos concellos destacaron especialmente a subida do BNG no concello de Quiroga “que nos fai partícipes da maioría que gobernará nese municipio, despois de moitos anos de goberno por parte da mesma opción política, o que sen dúbida representa un éxito”. “Houbo tamén resultados pouco ou nada favorables para a nosa organización, por exemplo, os obtidos en Ribas de Sil”, engadiron dende a formación política. “E por suposto, a perda do deputado provincial do BNG foi o maior problema resultante destas eleccións na comarca; unha perda causada por mor da diminución de poboación, e pola perda de votos no conxunto da comarca”.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir a Inicio