Crónica del sur de Lugo

O sur de Lugo reivindicou máis igualdade no Día da Muller

Os lemas da marcha afondaron na loita contra o machismo e o patriarcado, e na importancia do empoderamento das mulleres. (Foto: PILI CHAOS)
A marcha pola igualdade percorreu o centro de Monforte, secundada por gran número de veciños e veciñas, o venres 8 de marzo. (Foto: PILI CHAOS)
Representantes da Corporación local de Monforte participaron na marcha do 8-M. (Foto: PILI CHAOS)

●●● Xuntanza das mulleres do Barrio da Estación polo 8-M

O 8 de marzo acolleu a xuntanza das mulleres do monfortino Barrio da Estación. As veciñas reuníronse no restaurante Riosol para desfrutar desta conmemoración cun xantar de confraternidade. (Foto: MONTERO)

●●● Nace Femforte, unha asociación feminista con sede en Monforte e ámbito provincial

O 9 de marzo quedou constituída en Monforte de Lemos a Asociación Femforte, un colectivo de ámbito provincial que busca “o interese xeral a través da promoción da muller e da loita contra a discriminación por cuestión de xénero”. Os seus estatutos, segundo explicaron dende a asociación feminista, especifican unha serie de obxectivos, entre os que están a promoción da igualdade no eido público e no privado, e accións para favorecer a inclusión dos colectivos máis vulnerables.
Para acadar estes obxectivos, o documento fundacional de Femforte apunta, entre outros medios, á elaboración de plans de igualdade, accións educativas e de sensibilización, o uso de linguaxe non sexista, e a promoción e sinerxias con colectivos e plataformas con intereses similares.•

●●● O 2º premio do Concurso de Carteis 8M veu a Monforte

O autor do cartel gañador do 2º premio, acompañado polos compañeiros de 1º Bacharelato do IES Río Cabe. (F. cedida)

Alejandro García Rodríguez, alumno de 1º Bacharelato do IES Río Cabe de Monforte, acadou o segundo premio do Concurso de Carteis que a Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o 8 de marzo. Alejandro recibiu un diploma e un cheque. Ademais, os seus compañeiros de clase desfrutarán dunha viaxe á casa de Rosalía e ao Galipark, e o centro recibirá un lote de libros. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio