Crónica del sur de Lugo

O Concello mellora a iluminación no cruce da Florida

• Duplicouse o número de luminarias ata un total de oito • As lámpadas novas dan máis luz e consumen menos

A intersección da Florida pasou de ter catro focos a oito, o que mellora a iluminación deste espazo. GPCM

O Concello de Monforte continúa co seu plan de mellora do alumeado público. Unha das actuacións máis recentes foi a substitución dos catro focos do cruce da rúa Florida por luminarias máis eficientes. Para reforzar a súa capacidade, instaláronse outras catro lámpadas, tamén de haloxenuro metálico, co que se consegue máis rendemento lumínico cun menor consumo.

PUNTO DESTACADO DO TRÁFICO
Deste xeito, e segundo explicaron os responsables municipais, aprovéitanse a totalidade dos oito báculos existentes, logrando unha maior visibilidade nesta intersección, punto clave para o tráfico na cidade.•

• A NOVA QUENDA DE MELLORAS AFORRARÁ UN 63,22% NO CONSUMO ELÉCTRICO

A mediados deste mes, está prevista a licitación do proxecto de mellora da iluminación doutras oito rúas, por un importe de saída de 103.990 euros.

175 LÁMPADAS EN OITO RÚAS TRONCAIS
O proxecto inclúe a substitución de 175 bombillas por outras de tecnoloxía LED, nas rúas Duquesa de Alba, San Lázaro, Calvo Sotelo, San Pedro, Coruña, Chantada, Teceláns e Ourense. Segundo os cálculos do Concello, as actuacións beneficiarán a preto de 3.000 veciños, ademais de mellorar o servizo para os usuarios destas vías troncais. As rúas nas que se vai mellorar o alumeado dan entrada e saída á cidade, ou serven de vial de comunicación entre barrios.

MÁIS EFICIENCIA
Dende o Concello explicaron que os novos equipos lumínicos son capaces de aforrar ata un 50% a partir das catro primeiras horas. No seu conxunto, estas medidas suporán un aforro do 63,22% do consumo. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio