Crónica del sur de Lugo

Ata o 1 de abril para solicitar as axudas da Deputación aos deportistas individuais

Foto de arquivo da presentación das axudas ao deporte da Deputación de Lugo. GPDL

Os deportistas lucenses federados poderán solicitar ata o 1 de abril as 185 bolsas de apoio á prática individual do deporte, convocadas pola Deputación de Lugo. O organismo provincial destina un total de 85.500 euros a esta iniciativa.
As bases da convocatoria publicáronse no Diario Oficial da Provincia do sábado 9 de marzo. Segundo o documento, a contía mínima das bolsas é de 300 euros por beneficiario, ata un máximo de1.500 euros.
RESULTADOS EN COMPETICIÓNS
Os criterios de avaliación das candidaturas ás bolsas da Deputación terán en conta os resultados acadados en competicións internacionais, estatais, galegas e provinciais.Tamén se valorará a integración grazas as bolsas dedicadas integramente a deportistas con capacidades diferentes.
A información sobre as características das bolsas e a súa tramitación pode consultarse na web www.deputacionlugo.gal.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir a Inicio